Cooperación

Gadis pon en marcha a 5ª campaña " Alimenta la Amistad"

A cadea de supermercados recolle produtos de alimentación e hixiene para mascotas ata o 10 de outubro, en 202 puntos de venda de Galicia e Castela e León.

Óscar Gómez

Ourense | 03.10.2023 08:08

Gadis pon en marcha a 5ª campaña " Alimenta la Amistad"
Gadis pon en marcha a 5ª campaña " Alimenta la Amistad" | onda cero

Gadis pon en marcha a súa campaña solidaria “Alimenta la amistad” por quinto ano consecutivo. Nesta edición, recollerá produtos de alimentación e hixiene a favor de 70 protectoras de animais das dúas comunidades autónomas nas que está implantada: Galicia e Castela e León.

202 Supermercados Gadis xa teñen habilitados puntos de recollida de produtos, que se manterán operativos ata o vindeiro martes 10 de outubro. Outra opción para colaborar é realizando un donativo económico ao pasar por caixa.

Compromiso co benestar animal

A directora de Marketing e RSC de GADISA Retail, Melisa Pagliaro, presentou a nova campaña nun punto de venda, acompañada por representantes de dúas das asociacións que resultarán beneficiadas: Xuntos As Mariñas e Cancoruña, cuxas responsables agradeceron a Supermercados Gadis que manteña o seu apoio ao labor que realizan, xa que teñen que facerse cargo de numerosas mascotas que son abandonadas.

Pola súa banda, Melisa Pagliaro, expresou que “Alimenta la Amistad” forma parte do compromiso da cadea co benestar animal e o coidado da contorna, que se recollen no programa de Responsabilidade Social Corporativa.

Sensibilización cidadá

Voluntarios das diferentes protectoras facilitarán información aos clientes nos puntos de venda para conciencialos das responsabilidades que conleva o coidar dunha mascota, ademais de animar a que opten pola adopción se deciden dar o paso.

Desde Gadis agradecen de antemán aos seus clientes a sensibilidade e xenerosidade que mostraron sempre con esta campaña, que permitiu entregar nas catro edicións anteriores máis de 260.000 quilogramos de produtos de alimentación e hixiene para cans e gatos.

Día Mundial dos Animais

Con “Alimenta la Amistad”, Gadis súmase á conmemoración do Día Mundial dos Animais, que cada 4 de outubro celébrase promovido pola Organización Mundial da Protección Animal para concienciar a todo o planeta sobre a importancia do seu defensa e coidado.