Cultura

Gadis reforza o seo apoio á cultura con máis de 50 conciertos

Unha das citas destacadas é O Son do Camiño, que se celebra os días 15, 16 e 17 de xuño en Santiago de Compostela.

Óscar Gómez

Ourense | 14.06.2023 10:43

Gadis reforza o seo apoio á cultura con máis de 50 conciertos
Gadis reforza o seo apoio á cultura con máis de 50 conciertos | onda cero

Supermercados Gadis reforzou a súa aposta pola cultura nas súas diferentes manifestacións: música, audiovisual, cinema, arte, teatro, literatura e festas populares, entre outras. Un apoio que se enmarca no seu plan de Responsabilidade Social Corporativa e que continúa firme neste 2023 desde o convencemento de que fomentar a cultura é promover o desenvolvemento económico e social das comunidades nas que está presente.

A cadea de supermercados mantén a súa vinculación aos festivais musicais e audiovisuais, por iso é polo que volve colaborar con máis de medio centenar de eventos xa consolidados, como O Son do Camiño, e tamén con outros de recente creación. Gadis contribúe, deste xeito, a achegar a música á cidadanía, así como a fortalecer esta industria e a xerar riqueza socioeconómica na súa contorna. De feito, é patrocinador oficial do Xacobeo desde 1999. En liña con estes obxectivos, a empresa regalou entradas aos seus clientes para diversos espectáculos, a través de sorteos nos supermercados, redes sociais e a APP Gadis+.

Gadis reforza o seo apoio á cultura con máis de 50 conciertos
Gadis reforza o seo apoio á cultura con máis de 50 conciertos | onda cero

Presenza en O Son do Camiño

Un deles é O Son do Camiño, do que poderán gozar de maneira gratuíta máis de 450 clientes de Gadis, e que acollerá no Monte do Gozo a 126.000 asistentes desde este xoves 15 ata o sábado 17. A compañía contará cun stand propio con información, repartición gratuíta de merchandising e un fotomatón. Ademais, ofrecerá aos asistentes a posibilidade de adquirir snacks e outros produtos a través do seu Gadis Snack Truck.

A empresa tamén colabora con outros eventos destacados como o Portamérica (Caldas); o Planeta Sound Festival (Ponferrada); o FIV de Vilalba; o Festival da Luz (Boimorto); o Atlantic Fest (Vilagarcía); o Revenidas (Vilagarcía); o Festival Sinsal (Redondela); a Carballeira de Zas ou o Festival de Ortigueira, entre outras citas do ámbito musical. E, no plano audiovisual, destacan o seu apoio ao Festival de Cans (O Porriño); o Play Doc (Tui); o FIC Bueu; o Ourense Film Festival; o Festival de Cinema de Medina del Campo ou a Seminci de Valladolid.

Gadis, coa literatura

Potenciar o talento dos mozos e visibilizar o labor dos máis consagrados son dous dos obxectivos de Gadis no ámbito literario. Nas últimas dúas décadas, Gadis editou máis de 360.000 libros con motivo das Letras Galegas e, recentemente, lanzou un concurso de microrrelatos para dar voz a persoas anónimas a través da escritura. Estas son dúas das iniciativas máis destacadas nesta esfera cultural.

Apoio ás tradicións

Como empresa 100% galega e coa proximidade como sinal de identidade, Gadis está moi comprometida, ademais, coas festas populares, que axudan a manter vivas as tradicións culturais, sociais e gastronómicas de cada territorio. Máis dun centenar de romarías e celebracións destas características contan co apoio da compañía, como o Asalto ao Castelo (Vimianzo), a Festa do Percebe do Roncudo (Corme), a Festa do Albariño (Cambados), a Festa do Polbo do Carballiño e a Festa do Polbo de Mugardos.

Música, cinema, literatura, teatro, festas locais… Gadis pon en valor a cultura nas súas múltiples expresións a través do apoio a diferentes entidades e proxectos, así como da posta en marcha de iniciativas propias, que reflicten o compromiso da compañía coa súa contorna desde o punto de vista económico, social e ambiental.