OPERACIÓN "THUNNUS"

A Garda Civil desmantela unha banda que roubaba camións en Ourense

Duas persoas foron detidas pola Garda Civil acusadas de roubar cabezas tractoras e semirremolques en Ourense para vender a mercaduría

Jesús Álvarez

Ourense |

A Garda Civil desmantela unha banda que roubaba camións en Ourense

A Garda Civil desartellou un grupo criminal que roubaba camións para vender posteriormente a mercaduría que transportaban. O grupo roubaba cabezas tractoras e semirremolques nas áreas de descanso e polígonos industriais da provincia de Ourense. De feito, a investigación denominada “THUNNUS” iniciouse en outubro de 2023 tras ter coñecemento do roubo de tres vehículos articulados e duas cabezas tractoras na provincia de Ourense. Como consecuencia foron detidas duas persoas e realizaronse ate tres rexistros domiciliarios en Madrid.

Os axentes constaron que os detidos apoderábanse dos vehículos cargados de “conservas, bebidas, gominolas ou mobiliario de xardín” e os trasladaban a unha nave que tiñan alugada na Comunidade de Madrid onde posteriormente vendían a mercaduría deixando abandoados os vehículos.

Aos detidos impútanlles os supostos delitos de “roubo continuado e pertenza a grupo criminal” e nos rexistros incautáronlles teléfonos móviles, tarxetas sim, un inhibidor de frecuencia, diversas prendas de vestir e ferramentas relacionadas cos actos delictivos.

A operación que continúa aberta foi desenrolada pola Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense e dirixida polo Xulgado de Instrucción número 1 de Ourense.