Ourense capital

A glorieta de Pardo de Cela estrea un moderno sistema de iluminación

O tenente de alcalde, Jorge Pumar, sinala que “estas actuacións enmárcanse dentro do plan de embelecemento da cidade que seguimos desde a concellería para ir mellorando paulatinamente todos os elementos estéticos de Ourense.”

Adriana Ochoa Arévalo

Ourense |

Glorieta de Pardo de Cela | Concello de Ourense

O Concello de Ourense termina as obras de mellora e renovación da iluminaria da glorieta de Pardo de Cela, que inclúe un moderno sistema de iluminación na súa fonte.

A actuación realizada na glorieta de Pardo de Cela que consiste na implantación dun moderno sistema de iluminación na súa fonte, de 8 proxectores de 50 w, moito máis eficientes, que substitúen aos anteriores de 150 w, cos que se consegue unha maior vistosidade e un importante aforro enerxético.

“Queremos devolver a luz e vistosidade ás rotondas de Ourense, como parte do plan de embelecemento que desde a concellería impuxémonos para ir actuando en todos os puntos da cidade, recuperando a beleza do noso patrimonio, as nosas rúas e os nosos parques para que podamos sentirnos orgullosos do noso Ourense”, destaca Jorge Pumar.