Un total de 31 ximnastas pertencentes a cinco conxuntos de nivel nacional (2 absolutos e 3 base) viaxarán a Pamplona entre os días 22 a 26 de novembro para participar no Campionato de España de conxuntos Base e na Fase Final da Copa de España de conxuntos.
A bancada pavillonista sufriu e disfrutou ao memo tempo durante o desenvolvemento da xornada.
Campeonato Galego de conxuntos
O conxunto benxamín (Martina, Area, Mara, Alicia, Mía, Valeria Rodríguez e Valeria Varela), que se estrea no nivel nacional, acadou a prata. Realizaron dous pases moi regulares e quedaron a 3 décimas do ouro.
O conxunto infantil (Noa, Laura, Mónica, Lara, Daniela e Nicole) comezou con unha primeira rotación con erros importantes que as alonxaron dos postos de cabeza. Na segunda rotación foron quen de remontar acadando a mellor nota da categoría (21,900) que aínda así non chegou para o pódium, sendo 5º na clasificación e obtendo o pase para o Nacional.
Na categoría cadete eran dous os conxuntos que representaban ó Pavillón. O cadete do CXPOurense, de nivel autonómico, para o que esta competición supón un rodamento na súa formación e mostraronse ao nivel da categoría nun primeiro pase moi ben executado; os erros do segundo pase leváronnas ao posto 8º. O conxunto cadete do Escola Pavillón, de nivel nacional (Sabela, Martina, Alejandra, Lucía, Aroa e Noa) acadaron o bronce na categoría grazas a un primeiro pase que as situaba no posto máis alto e con un segundo pase con varios erros que non chegou a sumar para darlle o campionato.
Os conxuntos benxamín CXPOurense, e infantil e cadete do Escola Pavillón participarán no nacional en Pamplona. Antes deste nacional mediranse cos mellores conxuntos no Euskalgym. O equipo técnico ten moita confianza e expectativas postas en todos eles.
Control clasificatorio para a fase final da Copa de España Nivel Absoluto
O conxunto alevín é o único representante galego neste nivel máis alto de competición. Bianca, Lara, Carla, Olga, Alma e Claudia realizaron o seu mellor exercicio dende o inicio deste ano, obtendo unha excelente nota, unha das mellores notas de toda a competición (21,550), o que mostra a súa excelente evolución cara a este final de 2023.
Na categoría junior, a máis forte do nivel absoluto, o conxunto junior do Escola Pavillón (Martina, Maya, Xisela, Sheila, Daniela e Gretel) realizaron un excelente exercicio, sen apenas erros que lle deu o segundo posto. Por súa parte o conxunto junior do CXPOurense (Candela, Mariña, Noa, Claudia e Laura) tiveron erros importantes que, aínda que lle otorgaron unha boa puntuación colocándoas no terceiro posto, non foi suficiente para darlle o pase para esta Final da Copa de España.
Serán pois o conxunto alevín do Club e junior da Escola os representantes ourensáns nesta cita do máis alto nivel. Dos seis conxuntos galegos presentes na Copa de España, dous serán Ourensáns. Quedan para os tres conxuntos absolutos do Pavillón tres citas importantes neste 2023: Euskalgym, Campionato Galego de conxuntos absolutos e Nacional Absoluto. Os tres conxuntos están excelentemente preparados para darnos aínda moitas alegrías.