ACTUALIDADE MUNICIPAL

O grupo do BNG no Concello de Ourense non apoiará modificacións sen un orzamento

O BNG insta ao alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome a presentar uns orzamentos e anuncia que do contrario non dará o seu apoio a máis modificacións de crédito

Jesús Álvarez

Ourense | 23.09.2024 13:19

Rolda de prensa do grupo municipal do BNG en Ourense
Rolda de prensa do grupo municipal do BNG en Ourense | Onda Cero Ourense

O grupo municipal do BNG no Concello de Ourense anunciou que non van apoiar máis modificacións de crédito ate que o alcalde, Gonzalo Jácome non lles presente un proxecto de orzamentos. O voceiro do BNG Luis Seara asegura que "non pensan ser tontos útis" e considera que Jácome quere "aprobar orzamentos encubertos e pola porta de atrás". O nacionalista acusaba ao rexedor de reiterar as mesmas "tácticas" para financiar compromisos pasados coma a rampas mecánicas da Rua Concordia e instaba ao rexedor a utilizar a formula da "cuestión de confianza se o que quere é impor os seus propios orzamentos".

Dirixiase Seara a cidadáns ou empresas que se poidan ver perxudicadas polo seu posicionamento de non apoiar máis modificacions pero aseguraba que o fan por "responsabilidade" xa que non queren contribuir a levar ao concello a unha "situación limite" e baixo a convicción de que "nalgún momento hai que frear a un alcalde que leva xa 80 modificacións. Volvia a lembrar o nacionalista a Jácome que non ten maioria absoluta e ao resto de grupos que o BNG xa deixou a sua sinatura para unha "moción de censura"

Os nacionalistas fixaban así o seu posicionamento de cara á nova comisión de pleno que novamente convocou Jácome para o mércores 25 de Setembro e tras sinalar este que tentaría negociar "individualmente" cos grupos as dez modificacións por importe de algo máis de 22 millóns de euros que quere levar "sí ou sí" a un pleno extraordinario.

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora