Grupo Cuevas sustenta o seu compromiso coas persoas naqueles ámbitos nos que desenvolve a súa actividade poñendo en marcha unha nova medida que consolida o apoio á infancia e ás súas familias. Enmarcado na súa finalidade de facilitar a vida ás persoas, e con especial atención a quen elixen o rural como lugar de vida e desenvolvemento, o grupo ourensán relanza a súa campaña Benvid@ dirixida aos recén chegados ao mundo na comunidade galega.
Este é o sexto ano consecutivo no que os supermercados Plenus e Aquié dan auga gratis aos recentemente nados. Ademais, o bebé tamén recibe un primeiro pack personalizado co seu nome para os seus primeiros biberóns, ou para aquelas nais que opten por amamantar e, chegado o momento, para os primeiros grolos de auga do neno ou da nena. Como complemento a este agasallo, as familias que solicitaron á Xunta de Galicia a tarxeta benvida e que fosen beneficiarias desta, teñen na cesta da compra un 3% de desconto en Plenus e Aquié que se acumula ás promocións e ofertas existentes no supermercado.
O Grupo Cuevas dá un paso máis e decide premiar a fidelidade destas familias que deciden poñer nas súas mans algo tan importante como a comida e o que consumen a diario na casa, abrindo un período para participar nun sorteo polo que recibirán, durante un ano e de balde, os cueiros que o bebé necesita. O prazo para participar comeza mañá día 23 e estará aberto ata o 19 de abril. A mecánica de participación será moi sinxela. Coa tarxeta de cliente dos supermercados Plenus ou Aquié e facendo compras superiores a 25 euros aparecerá automaticamente o boleto de participación no sorteo do que decidiron denominar "unha montaña de coiros". Entre todos os participantes sairá o boleto elixido e cuxo gañador se beneficiará deste premio consistente en cueiros de balde durante doce meses.
A Campaña Benvid@ de Plenus e Aquié
O Grupo Cuevas puxo en marcha esta iniciativa en 2017, coincidindo co seu 150 aniversario e co obxectivo de apoiar ás familias nun momento tan importante como é a chegada dun bebé a un fogar. Con esta vocación de axuda, todos os nenos recentemente nados poden ter auga gratis durante o seu primeiro ano de vida apuntándose á campaña nalgún dos supermercados Plenus ou Aquié de Galicia. Actualmente o número de botellas entregadas achégase ás 200.000 unidades. Ademais, nese mesmo ano, o Grupo Cuevas sumouse ao programa de apoio á natalidade impulsado pola Xunta de Galicia e sumou a este agasallo un desconto do 3% no carro da compra para as familias beneficiarias da tarxeta Benvida. Hoxe son máis de 1.300 os nenos que gozaron da auga gratuíta e do seu pack personalizado.