DEPUTACIÓN OURENSE

O grupo provincial do Psoe proporá no vindeiro pleno a "disolución" do Inorde

O voceiro do Psoe na Deputación, Álvaro Vila afirma que "a cidadanía está a reclamar unhas admnistracións máis eficientes".

Jesús Álvarez

Ourense |

Rolda de prensa do grupo provincial do Psoe en Ourense
Rolda de prensa do grupo provincial do Psoe en Ourense | Onda Cero Ourense

O grupo provincial do Psoe na Deputación de Ourense solicitará no vindeiro pleno a "disolución" do Instituto Ourensán de Desenrolo Económico (INORDE) e a integración do seu persoal na institución provincial para que sexa esta quen asuma tamén os proxectos que ten na actualidade.

Nunha comparecencia pública o voceiro do Psoe na Deputación, Alvaro Vila lembraba que levan anos facendo a proposta porque non ven sentido a un organismo autónomo "que ten un 70% de financiación da propia deputación" e que "vai sendo o momento de facer cambios que permitan optimizar recursos, modernizar a atención e traballar con criterios uniformes e transparentes, evitando duplicidades tal e coma esixe a tamén a sociedade actual". Para Vila hai organismos coma a OCDE e incluso o FMI que informan da necesidade "da eficiencia nos servizos públicos reducindo custes" e por iso queren dar este paso "para ter unhas administracións máis eficientes e utilizar mellor o financiamento público".

No Psoe agardan poder ter resolto este asunto de cara ao debate dos orzamentos e que se teña en conta que "se algo sobra no Inorde son os cargos políticos".

Sen noticias dunha censura. Alvaro Vila : "Os tempos do Psoe na Deputación non os marca a situación do Concello de Ourense"

Os socialistas na deputación de Ourense din que por agora ninguén lles puxo sobre a mesa a posibilidade dunha moción de censura contra o actual goberno popular, un feito que hipotéticamente podería darse no caso de que no Concello de Ourense houbera unha moción de censura contra Jácome. Sen embargo, o voceiro do psoe na deputación, Álvaro Vila defende que a situación e as relacions políticas en cada institución son diferentes e no caso concreto da deputación, o Psoe ten relacions "cordiais" con todolos partidos e unha "estratexia" definida dende a oposición que xa ten dado os seus froitos. Neste contexto Vila non descarta analizar calquera movemento que poida darse no futuro, anque de momento ten claro que "os tempos do psoe na Deputación non os marca a situación municipal de Ourense".