O pasado 3 de decembro disputouse a Copa de España de Jiu Jitsu nas categorías cadete e júnior, na localidade de Castelló da Plana. Nel participou o jiujitsuka do Ximnasio Marbel, Guillermo Arenas, que obtivo unha meritoria medalla de Bronce na categoría -77 quilos Júnior Ne Waza (restrinxido á loita no terreo).
Para chegar ao metal, Arenas venceu ao aragonés Álvaro, representante local, perdendo ante o rioxano Oscar Pajares e ante o madrileño Adrián Amago. Na modalidade de Loita, acusou o esforzo da anterior competición, perdendo tras unha dura competición ante o madrileño Amago e ante o vasco Damián Vela.
Arenas estivo acompañado no tatami polos Masters ourensáns Felipe Iglesias e Anita Fernández. En opinión de Iglesias, o torneo foi unha "boa proba onde o noso competidor estivo fantástico e só o cansazo o penalizou".