Concello de Ourense

Humor con Touriñán e Blanco na programación deste mes no Auditorio

Humor, con Carlos Blanco e Xosé Touriñán, música co espectáculo Best Guitar Band e a a recompliación do pop español “Dos 80 aos 90”, e os espectáculos familiares: Tributo a Frozen, Gala de ilusionismo e Quimera forman a programación do Auditorio Municipal de Ourense para o mes de decembro.

Óscar Gómez

Ourense | 07.12.2021 10:53

Humor con Touriñán e Blanco na programación deste mes no Auditorio
Humor con Touriñán e Blanco na programación deste mes no Auditorio | onda cero

A carteleira combina programación propia do Concello e allea, por alugueiro do espazo a compañías que desexan actuar en Ourense, e reúne espectáculos para todas as idades. O público pode adquirir as entradas na páxina web de Ataquilla https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/ Estas son as citas:

· Somos criminais 3. Venres, 10 e sábado, 11 de decembro, en funcións de 20:00 e 23:00h. -15 €

Dous dos máis populares actores galegos, Carlos Blanco e Xosé Touriñán reúnense de novo para un espectáculo no que co seu único estilo do humor analizan Galicia e os seus habitantes “para saber como somos e para saber por que somos como somos”.

“Somos criminais no sentido menos criminal da palabra? Temos unha maneira propia de ser e de estar? Somos diferentes, somos semellantes ou somos iguais aos demás?“, son algunha das preguntas que formulan nesta nova xira que, tralo éxito da anterior, volve percorrer os escenarios de toda Galicia.

· Best guitar band. Sábado, 18 de decembro ás 20:30h.- 8 €

O mellor espectáculo de guitarra, que revive éxitos das bandas e artistas máis importantes da historia Un espectáculo único pola variedade do repertorio, a expresividade e polas cancións que marcaron unha época e están na memoria de varias xeracións. Sultans of swing, Purple rain, Jump, Layla, Is this love... son algunhas das cancións coas que o público viaxará no tempo experimentando o poder da mellor música en directo.

· Tributo a Frozen: A orixe do xeo. Domingo, 19, 17:00h.- 12 €

A compañía Onbeat presenta este musical tributo á exitosa película de Disney. Co seu estilo interactivo co público, a calidade das voces, a espectacularidade das coreografías, a coidada posta en escena e a fórmula de homenaxe, onde

os personaxes fan de presentadores das cancións, a diversión familiar está garantida.

· Musical dos 80 aos 90.- Domingo, 19 de decembro ás 21 h.- 12 €

Unha selección das mellores cancións dunha das décadas máis exitosas e creativas do Pop español. A inauguración dun bar é a excusa perfecta para organizar o reencontro de vellos amigos de instituto que terminaron os estudos hai 25 anos. Tempo para a nostalxia e a diversión con cancións de Celtas Cortos, Alaska, Danza Invisible, e moitos máis.

· Gala de Ilusionismo. Domingo, 26 de decembro ás 18 h .- 3 €

Espectáculo de maxia orientado ao desfrute de toda a familia dende os máis pequenos da casa ata os adultos máis esixentes cun punto de Nadal, moita ilusión, asombro, humor e moitas sorpresas. O elenco, de luxo, reúne no mesmo escenario a catro fantásticos magos: José Rivera, Roberto Lolo, o Mago Vituco e o Mago Iago que farán as delicias do público.

· Quimera, de Pablo Méndez – Mércores, 29 de decembro ás 18 h.- 3 €

Espectáculo inspirado nunha visión máxica da natureza na que se misturan os soños e a mitoloxía. En “Quimera”, Pablo Méndez xoga coa maxia buscando a sorpresa do espectador. Mediante unha linguaxe visual e acrobática, esta viaxe fantástica estimula a imaxinación do público ata o final. Unha aventura que non deixará a ninguén indiferente.