Turismo

III Encontro Doutoural de Turismo

Luis Menor recoñece o excelente labor realizado desde o Campus de Ourense ao convertirse “nun polo de atracción para investigadores de primer nivel”.

Óscar Gómez

Ourense |

III Encontro Doutoural de Turismo
III Encontro Doutoural de Turismo | onda cero

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense acolle o III Encontro Doutoural de Turismo, no que participan presencial e telemáticamente 130 doutores e investigadores de 12 universidades españolas.

Menor felicitou aos organizadores deste encontro onde participan 12 universidades, algo que o presidente provincial loubou como unha grande fortaleza: “non é fácil chegar a acordos e menos implicando a 12 entidades. Estou seguro de que non se coñecen iniciativas similares, nin no ámbito universitario nin en ningún outro terreo. Por iso, o meu máximo respecto por este traballo tan ben feito”, dixo, destacando tamén a idoneidade de centrar unha parte da súa programación na Vía de la Plata, “un dos eixos estratéxicos en materia turística que temos na Deputación”, lembrou.

Tamén falou Luis Menor da importancia do Campus de Ourense para toda a provincia, ao que calificou de “polo de atracción para investigadores de primeiro nivel”, lembrando que no Campus ourensán non só se investiga: “tamén se transfire coñecemento para facer desta provincia un territorio mellor. Grazas a esta excelencia, somos capaces de afrontar retos que noutras circunstancias xamais poderiamos”.

Por iso, recalcou que desde a Deputación “non só nos enorgullece o papel que desempeña o Campus para o desenvolvemento de Ourense. Somos plenamente conscientes de que é un auténtico motor económico, que todo canto invista a administración provincial no Campus terá un retorno de incalculable valor para a nosa provincia. A Deputación será sempre unha aliada de todo canto supoña poñer en valor e dignificar o labor do Campus de Ourense”, proclamou Luis Menor.