Atletismo

Importante presenza galega no campionato de España absoluto

Esta fin de semana serán novamente as pistas madrileñas do CDM Gallur quenes acollan o Campionato de España absoluto de pista cuberta durante os días 17 ao 19 de febreiro e pola que pasarán un total de 24 atletas galegos e galegas dispostas a fecer un bó campionato.

Óscar Gómez

Ourense | 15.02.2023 08:58

Importante presenza galega no campionato de España absoluto
Importante presenza galega no campionato de España absoluto | La Voz de Galicia

Entre as bazas máis importantes para os intereses galegos estará a participación da olímpica e plusmarquista nacional Belén Toimil, quen nun excelente estado de forma, lanzaba recentemente ata os 18.27 m. o que a sitúan como clara favorita para revalidar o título logrado o ano pasado en Ourense. Outra das nosas internacionais que intentará reter o título sobre a proba de salto de altura será Saleta Fernández, que se achega ca cuarta mellor marca do ano con 1.80 m. nun concurso que lidera a almeriense Edna Gomes con catro centímetros máis.

Por parte masculina, a atención centraránse na participación nos 800 m. de Adrián Ben na loita directa polos metais sobre unha distancia que contará ca participación tanto do campión europeo Mariano García como de Saul Ordóñez. Outro prato forte para o atletismo galego será o concurso do atleta venezolano con ficha pola nosa comunidade, Gerson Izaguirre, quen parte ca mellor marca en combinadas na que xa resultou terceiro (sen medalla) na edición do ano pasado. En canto ao resto de participación destacamos sobre os 60 m. á presenza da bimedallista paralímpica Adi Iglesias do Lucus quen xunto ao tamén participante Javier García do Celta, lograban recentemente o título de campións galegos.

Continuando ca velocidade, o campión de España Sub23 de aire libre Jacobo Soler, estará sobre a saída dos 400 m. ao igual que sobre os 200 m. estará Jorge Román Leiros do Celta, na procura dun bo rexistro que lles permita aspirar a estar na final.

O medio fondo e fondo serán as especialidades que conten con máis galegos e galegas sobre o sintético madrileño como será o caso do internacional e subcampeón de España Sub23 de aire libre Elian Numa López que compartirá distancia xunto a Adrián Ben. Nos 1.500 contaremos con ata cinco atletas das que destacamos a presenza das campioas de España Sub23 de campo a través por equipos María Cedrón e Sara López ambas do ADAS CUPA. Xunto elas tomarán saída sobre esta mesma distancia Zoe Michelle Odile do A.F.Celta e Amparo Corredoira da Atlética Lucense. Pablo Bocelo da Gimnástica, que encaixaba un excelente campionato de España de Clubs recentemente en Expourense, será un serio candidato a estar na loita directa polos posto importantes da distancia.

Atención á proba dos 3.000 m. na que contaremos ca participación da campioa de España de Campo a través Joselyn Brea e a do subcampión de España oficioso Sub23 Medhi El Naboaui xunto aos que estará o campión galego absoluto Carlos Porto da Gimnástica en excelente momento de forma.

Sobre os valos do Gallur a campioa autonómica Claudia Rojo e os lucenses Miguel Pérez e Santiago Rozas do Lucus Caixa Rural, parten co obxectivo de intentar estar nas semifinais dunha proba con moito nivel na que estará o campión de Europa Asier Martínez.

No foso de lonxitude os célticos Sergio Coello e o campión de Galicia Raúl Cortizo, pelexarán por acadar un posto na final do concurso na que se achegan con 7.24 m. e 7.50 m. respectivamente.

Por último veremos novamente sobre as combinadas ao lucense do Celta Adolfo Saínz- Maza na procura de intentar mellorar o excelente sexto posto logrado o ano pasado. Por parte femenina debut nun campionato nacional absoluto de Andrea Reija do Xuncas Diversia a quen vimos lograr recentemente o título galego e que obtén, ca súa clasificación para tomar parte neste nacional, unha xusta recompensa a súa gran progresión.