O Grupo Municipal Popular defenderá no vindeiro Pleno do Concello, unha moción relativa ás actuacións que se deben levar a cabo para impulsar a activación do conxunto de obras de infraestruturas ferroviarias que están pendentes e afectan de modo directo a cidade de Ourense. Así o aseguraron hoxe, diante da propia Estación Intermodal, a Concelleira, Noelia Pérez con apoio do Deputado Nacional, Celso Delgado, en compañía dos Concelleiros Pepe Araujo e Migue Ángel Michinel.
Cabe recordar, que todas as carencias da estación de Ourense terían que estar en vía de solución se ADIF-AV licitase, na data que inicialmente anunciou que era 2019, as moi necesarias obras pendentes na estación intermodal de alta velocidade e que están recollidas no estudo informativo aprobado e no Convenio Marco subscrito o 22 de xuño de 2016 entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia, o Concello de Ourense e ADIF-AV para o desenvolvemento da futura estación intermodal de
Ourense. Sen embargo houbo que esperar a que o BOE do 26 de maio de 2023, en plena electoral das eleccións locais, publicase o anuncio de licitación para a execución das obras por un valor estimado do contrato que ascende a 130.187.908,11 € e un prazo de execución enorme, de setenta e tres meses.
"Primeiro abriuse o sobre administrativo e presentárose 10 empresas, as mellores de España optaron a ese contrato. Por outra banda, estaba prevista a apertura do sobre económico para o mes de xullo, pero chegou ese mes e aprazouse para agosto, e a partir de ahí suspendeuse sine die. E onte o Consello de Ministros de España decide desistir do proceso de contratación que estaba en vigor e din que van a relicitar outra vez estas mesmas obras cun novo importe superior a 4,6 millóns de euros. Esto é unha decisión, lamentable e moi repudiable. Non se pode sacar en maio unha licitación cuns prezos e catro meses e medio despois decir que esos prezos están mal confeccionados. Non hai economistas, no hay técnicos, non hai enxeñeiros en Adif-AV?", denuncia neste senso o Deputado Nacional, Celso Delgado.
Ante este grave retraso, que coa decisión de onte do Consello de Ministros se prolongará aínda máis, a única certeza que ven de comprobar o Grupo Municipal é que nestes momentos está sen executar o 93% da obra que lle corresponde acometer ao Goberno de España. "Parece unha tomadura de pelo, pois non quero ser mal pensada, pero ao mellor os cartos que tiña que estar investindo o Sr. Sanchez en Ourense e en Galicia nestes momentos os necesita para poder pagar o prezo da súa investidura", expón ao respecto a conselleira, Noelia Pérez.
Seguen pendentes as obras conveniadas na intermodal: Actuacións na praza de acceso que se expoñen como unha prolongación natural do vestíbulo principal do edificio de viaxeiros, xerando tres bandas paralelas á Avenida de Marín. Deste xeito habería solución para os taxistas e usuarios que hoxe non contan cunha marquesiña e teñen que estar a intemperie tanto en verán como en inverno, e para evitar as colas que se forman diante da estación porque non hai espazo suficiente no vestíbulo.
Segue pendente a pasarela urbana proposta como conexión peonil accesible entre os barrios de “O Vinteún” e “A Ponte”. Tamén urxe facer a pasarela de acceso ás plataformas sobre as vías, a través de dúas escaleiras mecánicas, unha escaleira fixa e un ascensor para cada plataforma. O mesmo ocorre coa actuación como elemento integrador no edificio de viaxeiros dunha solución de cubertas solapadas que recollen todos os novos espazos e intervencións baixo un único elemento. E a execución dun cubrimiento parcial da praia de vías para reducir os niveis de ruído e vibracións nos edificios próximos derivado do incremento dos tráficos ferroviario.
Ademáis hai que falar co Mitma e Adif-AV de actuacións na intermodal non conveniadas pero contempladas no seu día nos orzamentos, como o vial rodado entre os barrios, o traslado das instalacións de mercancías a outra terminal no Polígono de San Cibrao, etc.
E necesitamos tamén saber cómo evolucionan as obras en curso dos primeiros tramos da variante exterior ferroviaria e de cando licitaranse os seguintes tramos desde Seixalbo a Ourense. Saber cómo poder atender ADIF-AV a problemática de accesibilidade que poden sufrir os veciños de Peliquín. Precisamos tamén coñecer cando licitará Adif as obras de ampliación do perigoso paso inferior da Rúa Ramón Puga e do paso superior de Tarascón.
“Como è posible que a primeira cidade galega que recibiu a alta velocidade sexa a ultima que teña unha Estación Intermodal en condicións? A Estacion de Santiago está a punto de culminar as obras de remodelación, a estación de Vigo xa está culminada, e a de Lugo acaba de licitarse e vai a estar no ano 2025, 6 anos antes que a nosa ( en 2031) que somos a porta de entrada a Galicia”, asegura Celso Delgado.
En consecuencia, o Partido Popular de Ourense ve evidente que urxe culminar o proceso administrativo de contratación destas obras e que para elo é moi necesario que o Concello de Ourense, como parte asinante do Convenio Marco antes citado, sexa parte activa na activación e seguimento das mesmas, tal y como conclúe a concelleira: "Temos que deixarnos de vitimismos, o que precisa Ourense é que os dous Sánchez que temos no Goberno, o presidente en funcións e a Ministra de Transportes den a cara e nos den unha explicación. Para iso, este venres buscaremos a unanimidade de todos os grupos municipais para solicitar dita reunión e que o Goberrno Municipal de Ourense se poña ao fronte e lidere todas as reivindicacións en materia de infraestructuras ferroviarias que o Partido Socialista ten paradas ou retrasadas en Ourense, pois consideramos que so falando e dialogando se pode chegar a entendemento".