O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro de traballo co alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes, para avaliar as distintas liñas de axudas e medidas que a Xunta de Galicia pon a disposición dos concellos para dinamizar a súa actividade económica e empresarial.
Xunqueira de Ambía é, ademais, un dos 66 Concellos Emprendedores da provincia de Ourense, o que lle outorga prioridade á hora de acceder a apoios para impulsar a fábrica intelixente, o emprego de calidade e o emprendemento baseado na innovación e no talento. Os Concellos Emprendedores, pola súa banda, comprométense a ofrecer ás empresas que mostren interese por instalarse nas súas localidades máis incentivos fiscais, maiores facilidades para acceder ao solo empresarial e unha simplificación na tramitación administrativa dos proxectos.