As intensas choivas caídas no inicio deste 2023 provocaron rebordamentos de rios e escorrentías de terras coma a que propiciou un bo susto a uns autocaravanistas coruñeses que lograron sair ilesos tras virse abaixo un talude na rúa Reza na zona da depuradora e levar arrastro o vehículo que deu varias voltas de campá. A estrada que comunica cunha das zonas termais permañecia cortada ao tráfico nas últimas horas. Ademais según informou a garda civil de tráfico houbo que cortar por desprendementos na estrada nacional 525 en Coles, un carril da A52 en santa uxia e en Lais. Na Barxela nacional 120 foi pechado o carril dereito
Na capital foi preciso cortar por asolagamento o túnel de Bobadela, foi acordoada unha zona en Basilio Alvarez pola caida dun muro. Na rúa Rio Arnoia os servizos de limpeza tiveron que retirar varias pedras da calzada, caeu tamén un valado da zona de obras do parque San lázaro que tivo que ser resposto pola empresa. Houbo tamén caídas de árbores, un deles nos xardíns do Padre Feijoo sen que se rexistraran vítimas. Os bombeiros tiveron que vaiar a zona. Igualmente outra árbore tivo que ser retirada da estrada de Castro de beiro
En canto aos ríos o Miño ao seu paso pola capital está en situación de alerta tras sairse do leito e anegar toda a zona termal. No Carballiño os case cen litros por metro cadrado de choiva rexistrada onte provocarpm o rebordamento do rio Arenteiro inundándose parcialmente a piscifactoría. A auga chegou tamén a un local hosteleiro e á igrexa da Sagra.
No rio avia a confederación miño sil elevou tamen a situación de alerta nas últimas horas tanto ao seu paso por Ribadavia onde se produciu tamen a rotura dunha tubaxe que deixou un regeuiro de incidencias entrelas a inundación de varios garaxes e locais e tamén na propia localidade de Arnoia onde quedou anegado algún baixo de vivendas. O Arnoia está tamen en segumento en zonas coma Baños de Molgas e pendentes estamos tamén do Támega na comarca de Monterrei.