Ingresou en cadea, por orde xudicial, un veciño natural de El Secano (Murcia) que foi detido pola Garda Civil de Ourense coma presunto autor de seis roubos con forza en vivendas de Verín na noite de fin de ano de 2024 onde se apoderou de 5000 euros en efectivo, xoias e enseres.
A detención producíuse no marco da “Operación Palmaris OU” dirixida polo xulgado de instrucción número 1 de Verín e a Fiscalía provincial de Ourense ca colaboración da garda civil de Murcia.
Segundo informou a Garda Civil de Ourense, o detido pertenence a un grupo criminal adicado ao roubo con forza en vivendas habitadas. Nun rexistro domiciliario, os axentes lograron recuperar algunas xoias e unha video consola que poderían estar relacionadas cos feitos investigados.