O Grupo Municipal Popular quere denunciar a inexistencia dun plan de poda na cidade. Unha petición que os populares levan facendo de forma reiterada nos dous últimos meses e que, de feito, xa levaron ao pleno ordinario do 6 de outubro.
A falta de un plan de poda é xa un problema xeralizado e real na seguridade vial, tanto para os peóns como para os vehículos, pois, tal e como denuncia a portavoz dos populares, Sonia Ogando, “a situación actual que existe coas árbores ubicadas nas rúas e nas zonas verdes de todos os barrios é lamentable: as ramas chegan ás fiestras quitando a luz, as follas están polo chan convertendo as rúas en auténticas pistas de xeo e en diferentes zonas, hai incluso dificultades para visualizar as sinalizacións dende o coche”.
Para evitar que esta situación non provoque máis incidencias materiais, e non queira que persoais, “instamos ao goberno municipal a acometer un plan de poda de maneira inminente para revisar o estado da masa arbórea de cada barrio, recoller
as demandas dos veciños e levar a cabo medidas urxentes”. Esta medida axudará tamén ao crecemento óptimo das árbores máis novas e a manter en bo estado as que teñen máis tempo, “unhas árbores que son vitais para mellorar a calidade de vida de todos os nosos veciños e veciñas, pola súa labor como reguladoras do clima, como absorbentes de contaminantes e como barreiras naturais de ruídos e molestias”, engade a concelleira.
“A campaña da poda debe comezar coincidindo co inicio da parada vexetativa que produce a baixada de temperaturas, e xa fai bastantes semanas que chegou ese momento, pero o plan para podar segue sendo inexistente, polo que seguirmos recordándollo ao goberno municipal ata dotar aos nosos cidadáns dunha solución”, conclúe Sonia Ogando.