Un veciño con residencia no concello ourensán de Barbadás foi denunciado polo Equipo Roca da Garda Civil por un presunto delito de lume forestal “menos grave” por neglixencia ao ser o suposto causante dun lume forestal cando realizaba tarefas de desbroce cun tractor. O suceso aconteceu na localidade de A Illa en Entrimo o pasado 13 de Xuño onde resultaron calcinadas 6,64 hectáreas de superficie arborada dentro do Parque natural Baixa Limia Serra do Xurés.
Investigado un veciño de Barbadás por un lume por imprudencia no Parque do Xurés
O equipo Roca tomou declaración ao investigado ao que se lle atribúe un lume acontecido en Entrimo cando desbrozaba co tractor.
