A garda civil da Gudiña tomou declaración en calidade de investigado a un veciño do concello ourensán de Verín, de 44 anos, coma presunto autor dun delito de incendio forestal por imprudencia. O home estaba a realizar labouras cunha máquina desbrozadora o pasado dous de agosto na localidade de Cerdedelo onde arderon 0,52 hectáreas de monte raso.