Un pleno extraordinario celebrado no Concello de Ourense a petición de Psoe e BNG serviu para falar da situación das concesionarias municipais que están actualmente en precario nunha sesión na que o PP coincidíu con socialistas e nacionalistas en cuestionar a xestión económica do alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome mentres o rexedor acusaba a Psoe, BNG e PP de basear os seus ataques en "mentiras ou medias verdades".
O debate "económico" desviouse pola oferta do Psoe a Bng e PP de abrir un diálogo para desaloxar a Jácome cunha "moción de censura".
A voceira do Psoe, Natalia González aproveitaba unha das suas intervencións para pedir ao pp "que rachase rpimeiro os acordos que manteñen a Jácome no poder lanzando a proposta de "facer un cambio real na cidade"e pedir responsabilidades políticas ao rexedor do seu "fracaso". Mentres o nacionalista Luis Seara compartía argumentos e, á espera de movementos dos outros partidos, pedía "que non se tomara ao Bng coma responsable de que na cidade non houbera cambios". Pola sua banda, os populares aseguraban "non ter liñas vermellas" e o alcalde, con ironía, replicaba ofrecendo a Psoe e BNG "negociar unha alternativa seria"tamén na Deputación" anque, a posteriori, acababa acusando á oposicióin de "desbarrar" tanto ca moción de censura coma coa afirmación de que o Concello de Ourense estaba en "bancarrota" pola sua culpa. Pola contra Jácome asegurou que "é o máis saneado de Galicia e case de España".
Anque Jácome non negaba chegou a alcaldía con apoio do pp, tamén aseguraba que "foi grazas ao electorado" e a que non se aceptaron propostas para que gobernase a lista mais votada incluso reprochando aos nacionalistas que na investidura votasen ao socialista, Paco Rodríguez malia estar ainda na condición de "investigado".
Psoe e Bng reiteraron que o PP foi corresponsable da situación do Concello de Ourense que acumula, según o BNG, reclamacións millonarias das concesións en precario e cunha débeda real dificil de cuantificar. Engadiron os nacionalistas que "quen vai acabar perxudicánndose son os cidadáns coa suba impositiva"
A edil de Democracia Ourensana, Tamara Silva sinalou que o concello "ten 123 millons de euros de remanente e traballa nuns novos orzamentos para o vindeiro ano. Tamén se compremeten a adxudicar un novo servizo de axuda no fogar ademáis de lanzar unha oferta pública de emprego para sete traballadoras sociais máis .
Silva tildaba de "alarmista" afirmar que non se van a pagar as nóminas.
Para o BNG a edil pecou de discurso triunfalista baixo a premisa de que os perxudicados serán os cidadans cunha subida impositiva
A socialista Natalia González insistíu no "empeoramento dos servizos e nos recortes" de Jácome ao que acusou de "convertir" o consistorio nunha oficina de colocación algo que negaba o rexedor que asegurou que "con este goberno houbo reducción de persoal dende 2019 e se aumentou o gasto en persoal foi pola aplicación do IPC". Jácome tamén confrontou sobre a lei estatal que obriga a facer fixos aos interinos asegurando os "obrigaba a facer fixos a 105 interinos enchufados doutros mandatos". O rexedor non viu a "paralise" que denunciou a oposición e argmentou que "incluso estanse facendo máis obras que concellos coma o de Vigo". Por iso acusou a oposicion de "errar nas suas estratexias" de ataque.
Dende Democracia ourensana negaron a palabra "desmantelamento" e preferiron falar de "reorganización"