A Alcaldía de Ourense pode cambiar de nome
Presidencia da Cámara Municipal ou Regencia Municipal
Coñecedido é o gusto que o Alcalde ten polo portugués, así que a elección non debería sorprender, anque tamén baraxa o nome de Regencia Municipal.
Horas antes de prestar declaración hoxe no Xulgado como investigado o Alcalde declaraba que agarda que cheguen a bo porto as conversas cos diferentes grupos para poder aprobalo antes de que remate o ano, anque sexa co mínimo de votos necesario.
Pese a esa declaración optimista, non todos na oposición comparten a idea, anque semella que si contará co respaldo do PP. En declaracións a Onda Cero, o edil de Medio Ambiente, Jorge Pumar, sinalou que o importante non son os nomes, senón cos contidos e que a fin de contas é o Alcalde o que asigna as competencias.