O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, cualificou esta de “apoteósico” o inicio do Entroido de Ourense 2023, que chega ao seu Ecuador logo dunha xornada de sábado que reuniu máis de 35.000 persoas no centro histórico da cidade. Unha participación masiva que, unida á celebración dos entroidos dos barrios da Ponte, As Eiroás e Seixalbo, contistitúen “un auténtico volcán entroideiro”, en palabras do rexedor .
Pérez Jácome destaca que a xornada de sábado foi “impresionante”, xa que xa desde primeiras horas da tarde o público enchía a praza maior e outros espazos na zona vella, sen esperar á noite para desfrutar coa festa: “congregábanse pola tarde milleiros de persoas, saían as familias e os nenos para facer escenificacións que realmente hai décadas que non se vían en Ourense nunha xornada de tarde”.
Pola noite, subliña o rexedor que “vivimos a maior noite de todos os tempos de Ourense no que é a movida nocturna”, coa participación de máis de 25.000 persoas que ateigaron as rúas e prazas da zona vella: “Houbo cheos absolutos en case todos os puntos e de forma simultánea na Praza Maior, Bispo Cesáreo, na zona da Alameda, as prazas do Trigo, do Ferro, de San Martiño, de Santa Eufemia, e do Correxidor”, cunha altísima porcentaxe de persoas disfrazadas: “realmente foi o nunca visto”, conclúe Pérez Jácome.
O alcalde agarda que a festa continúe durante os próximos días cunha alta participación e anima o público a desfrutar coas actividades programadas: “este luns promete e no horizonte temos o Martes de Entroido, coa actuación da orquestra París de Noia e a degustación de 14.000 orellas no centro histórico para todas as persoas que se acheguen á festa”
Premios do concurso de comparsas e carrozas do desfile do Entroido de Ourense 2023
O xurado do concurso organizado polo Concello para premiar as mellores das 51 comparsas e carrozas que participaron, esta tarde, no desfile do Entroido de Ourense 2023, acordou outorgar os seguintes premios:
Comparsas con máis de 10 compoñentes.-
1º premio (1.000 €) Moulin Rouge
2º premio (800 €) Marina d´OU Lolailos
3º premio 600 € Sol de Venecia
Comparsas con menos de 10 compoñentes.-
1º premio (500 €) Fantasía estacional
2º premio (400 €) Puma Pico Pata
3º premio (300 €) Granxeiros da Ribeira Sacra
Premios especiais comparsas.
A máis numerosa (500 €) Ao rico xeado
A máis ocorrente ou graciosa (500 €) O reino do dragón
Mellor animación / musical (500 €) Tapada faunos
Carrozas
Mellor deseño (500 €) + Cuñados Portocabo TV
Mellor animación (500 €) Moulin Rouge