Ourense Cidade

Jácome retira as competenicas a Miguel Caride e Manuel Alvarez

O alcalde asumirá Infraestruturas para “reactivar unha xestión actualmente paralizada” en licitación de obras e renovación de concesións

Óscar Gómez

Ourense | (Publicado 08.09.2020 10:32 )

Democracia Ourensana obtiene la alcaldía de ourense | La Region

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, retiraralles as competencias delegadas no Concello de Ourense aos concelleiros Jose Miguel Caride Domínguez e Manuel Álvarez Fernández. Así mesmo procederá a destituír a Miguel Caride como membro e como concelleiro-secretario da xunta de goberno local.

Miguel Caride | onda cero

As razóns destas destitucións son, sinala o alcalde, “a evidente perda de confianza, a indisciplina e a falta de disposición para buscarlles unha solución aos problemas recentes, e non acudir nin sequera ás citas convocadas pola Alcaldía, a última onte mesmo no caso de Miguel Caride”. Ademais, na decisión adoptada tamén se tivo en conta “a baixa produtividade da Concellería de Infraestruturas cuxo máximo responsable é o concelleiro delegado”.