Infraestructuras

O PP lamenta que o ministro Ábalos pasase por Galicia pero se esquecese de Ourense

Jesús Vázquez, recalca que “nin poñendo os pés na nosa terra, o ministro Ábalos é incapaz de clarexar que están a facer coa Circunvalación Norte, que desde hai máis de dous anos quedou lista para a súa inmediata licitación e só é preciso que lle dé a un botón para activala”

Óscar Gómez

Ourense | 12.03.2021 08:18

O PP lamenta que o ministro Ábalos pasase por Galicia pero se esquecese de Ourense
O PP lamenta que o ministro Ábalos pasase por Galicia pero se esquecese de Ourense | la voz de galicia

O PP da cidade lamenta que o ministro Ábalos pasase por Galicia pero esquecéndose de falar dos proxectos que ten pendientes con Ourense. Os populares recalcan que “no Goberno de Sánchez están máis preocupados noutros asuntos que nada teñen que ver co interese xeral da veciñanza e os seus problemas”.

O presidente local dos populares na cidade e coordinador do Grupo Municipa, Jesús Vázquez, recalca que “nin poñendo os pés na nosa terra, o ministro Ábalos é incapaz de clarexar que están a facer coa Circunvalación Norte, que desde hai máis de dous anos quedou lista para a súa inmediata licitación e só é preciso que lle dé a un botón para activala”, asunto que é clave para o desenvolvemento de Ourense “e do seu Termalismo, pois só así poderase acadar o bulevar termal”.

“É obvio que no PSOE estatal, galego e ourensán están máis enredados noutros espectáculos e argallando mocións de censura, deixando de lado o que de verdade lle importa á xente: os proxectos que teñen enriba da mesa, que herdaron xa listos, e que non amosan intención algunha de axilizalos e sacalos cara adiante”, di Vázquez.