O concurso de maios e coplas convocado polo Concello de Ourense pola Festa dos Maios 2023 xa ten gañadores. O xurado, logo de avaliar os traballos realizados polos diferentes participantes (41 maios en total) e escoitar as coplas, acordou conceder os seguintes premios:
Premios Maios artísticos:
1º Premio 900€. Peto das ánimas da Arnoia. Os Lolailos
2º Premio 700€ Sementando patacas. Óscar López González
3º Premio 500€ Gaiteir@s de Velle
Premios Maios tradicionais:
1º Premio 600€ Maio Ínfimo. Silvia Pinha
2º premio 400€ IES 12 de Outubro
3º Premio 300€ A.C. Auriense
Premios maios infantís:
1º Premio 300€ Maio Bubuxas. Silvia Pinha
2º Premio 200€ O Maio da Ponte. ANPA da Ponte
3º Premio 100€ Maio da Galleira crianzas. Alba Quevedo
Premio mellores coplas: 300€ Maio sempre maio. Bernardo J. Marques
Premio mellores coplas infantís: 300€: O maio dos cantapoliños (A. C. Nova fronteira)
Ademais, o Concello concederalle unha axuda pola participación de 300€ a todos os Maios presentados.
O xurado deste ano estivo formado por Susana Gómez Valencia, Manuel Brañas Méndez, Laura Pacios Camba e Mónica Fernández Valencia, representante do Concello con voz e sen voto, como secretaria, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome como presidente.