Igualdade

Lorenzana reforza o compromiso da Xunta coa igualdade

A nova lei autonómica de igualdade incorporará os conceptos de discriminación múltiple e de benestar laboral como novidade entre o seu articulado.

Óscar Gómez

Ourense | 01.03.2023 09:08

Lorenzana reforza o compromiso da Xunta coa igualdade
Lorenzana reforza o compromiso da Xunta coa igualdade | Faro de Vigo

A Xunta está a favorecer a conciliación e a corresponsabilidade “cunha perspectiva de xénero transversal”, defendeu a conselleira, quen puxo en valor iniciativas que sitúan a Galicia á vangarda das medidas a prol da equidade de oportunidades entre mulleres e homes, entre as que nomeou a nova lei autonómica de igualdade -que introducirá a discriminación múltiple e a idea de benestar laboral- ou o campus de formación específico na materia, o primeiro desenvolvido por unha Administración autonómica.

“A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a destinar 16,8M€ para facilitar a conciliación e a corresponsabilidade, e para fomentar a formación e a sensibilización respecto do benestar e a igualdade laboral”, indicou.

Lorenzana aproveitou a súa intervención no acto para defender a igualdade como “un valor esencial na nosa sociedade, un dereito fundamental e unha condición indispensable para unha economía innovadora, competitiva, sostible e próspera”. Lembrou que aínda persisten factores causantes da fenda salarial relacionados coa xornada de traballo, o acceso a postos de responsabilidade e a carga doméstica de tarefas e coidados que asumen en maior medida as mulleres, o que anima ao Goberno galego a seguir a traballar a favor dunha igualdade efectiva de oportunidades.