Deputación de Ourense

Luis Menor participa na Comisión de Deputacións, Cabildos e Consells Insulares da FEMP

O presidente provincial puxo en valor que esta comisión “busca poñer o foco “no papel vertebrador do territorio e de cohesión social que teñen os gobernos provincias, e que desde logo é a folla de ruta principal na Deputación de Ourense”.

Óscar Gómez

Ourense | 02.07.2024 07:55

Luis Menor participa na Comisión de Deputacións, Cabildos e Consells Insulares da FEMP
Luis Menor participa na Comisión de Deputacións, Cabildos e Consells Insulares da FEMP | onda cero

A Comisión de Deputacións, Cabidos e Consells Insulares, da FEMP, reuniu en San Luis dos Franceses, en Sevilla, a máis dunha trintena dos seus presidentes e presidentas, entre os que participou o titular da Deputación de Ourense, Luis Menor. A reunión, a primeira que celebra a Comisión tras ser constituída no Senado, en febreiro pasado, foi foro para debater diversas cuestións organizativas e lexislativas de grande interese para estes gobernos provinciais e insulares.

Luis Menor enxalzou que esta comisión da Federación Española de Municipios e Provincias “busca poñer o foco no papel vertebrador do territorio e de cohesión social que teñen os gobernos provincias, e que desde logo é a folla de ruta principal que temos na Deputación de Ourense”.

Precisamente os máximos responsables desta comisión, o seu presidente e vicepresidente, expresaban os argumentos que rexeron esta reunión. “As Deputacións son as Administracións que vertebran os territorios e a nosa obrigación é levar os servizos a todos os municipios da provincia, con independencia do seu número de habitantes”, manifestaba o presidente da Deputación de Almería, Javier Aureliano García, presidente tamén da Comisión de Deputacións, Cabidos e Consells Insulares da FEMP

O seu homólogo na provincia anfitrioa, Javier Fernández, vicepresidente desta Comisión da Federación, subliñou ademais o compromiso municipalista dos Gobernos de provincias e illas ao referirse aos retos que afrontan, e que van desde o financiamento das Entidades Locais ata “o modelo urbano das nosas cidades o reto demográfico, o equilibrio e a cohesión social, territorial e dixital”.