MÁS DE UNO OURENSE-MUNICIPAL

Luis Seara (BNG): "O Concello non está á altura na protección do termalismo público"

O nacionalista ourensán ve no futuro balneario un "salto adiante"

Paco Sarria | Jesús Álvarez

Ourense | 14.08.2024 10:45

O voceiro municipal do BNG no Concello de Ourense, Luis Seara, dixo en "Más de Uno Ourense" que o proxecto dun balneario privado en As Caldas é "un salto adiante de calidade", pero non ve que o goberno local esté protexendo e mantendo as termas públicas. Seara explicou que neste senso o goberno de Pérez Jácome "non está á altura" e expresou o temor "porque queiran privatizar o termalismo público".

O nacionalista tamén expresou temor porque detrás da eliminación da Oficiña de Rehabilitación da Relación de Postos de Traballo esté a intención de que a vivenda do casco vello pase a mans privadas co propósito de crear aloxamentos turísticos que encarezan os prezos e o acceso á vivenda.

Seara repasou en Onda Cero varios asuntos de actualidade como o proxecto do Parque de Canedo; que non ve factible; ou o Plan de Mobilidade; os danos na fonte de Bispo Cesáreo ou as alegacións ó proxecto de soterramento na Praza de Concepción Arenal.

Sobre o sinistro vial no que se víu implicado o coche do edil Fran Lorenzo dixo que "intentarán endosar a multa a outro como xa fixeron antes".

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora