Municipal

Luis Seara: "No PP non tiveron reparos en facer Alcalde a Jácome pese a gabarse de prácticas corruptas"

O voceiro municipal do Bloque Nacionalista Galego, Luis Seara, dixo hoxe en Más de Uno Ourense que "o PP non tivo reparos en dar a Alcaldía a Jácome, pese a que este se gabara de prácticas corruptas como si o concello fose un mercado persa".

Paco Sarria

Ourense | 24.09.2024 12:05

Luis Seara tamén se referíu ó posicionamento dos nacionalistas sobre as modificacións de creto por importe de máis de 22 millóns de euros que o Alcalde pretende aprobar co apoio da oposición reiterando que votarán en contra ata que Jácome non presente un borrador de orzamentos a negociar, sinalando que non queren ser seus "tontos útiles non ser seu pagafantas".

Ademáis doutros asuntos confirmou que está listo o atestado da policía local sobre o caso do coche do edil de infraestructuras que se levou por diante un valado na rúa Vicente Risco, pero que de momento non deron traslado do mesmo á oposición polo que "parece que algúns coches do grupo de goberno condúcense eles solos".