ACTUALIDADE MUNICIPAL

O voceiro do BNG en Ourense, Luís Seara segue excéptico cunha censura contra Jácome

O voceiro nacionalista abordou en Más de Uno Ourense temas de actualidade no Concello de Ourense

Jesús Álvarez

Ourense |

O voceiro do BNG no Concello de Ourense, Luis Seara recoñeceu en Más de Uno Ourense que a colocación de cámaras de vixiancia de tráfico no Casco Histórico de Ourense " era necesaria porque a zona vella xa semellaba ser unha autoestrada" matizando que a medida "chega con retraso" logo de que o alcalde retirase os bolardos hai arredor de cinco anos. Seara tamén pedíu ao rexedor que "revogue" a decisión de pechar parques públicos e canchas deportivas de noite porque entende "que a única alternativa de ocio e lecer que lle deixa aos máis novos é o botellón e as orquestras" poñendo coma exemplo as queixas veciñais de San Francisco "por manter un DJ nas festas ate altas horas da madrugada". O nacionalista lembrou ademáis que a cidade "non pode estar sen orzamentos" e lamentou que segan "sen información do Pxom" que o gobenro municipal vai remitir á Xunta. Para Seara "é unha cortina de fume que evita falar doutros temas importantes". Neste contexto sinalou que tralo fracaso de Jácome á hora de tentar aprobar novas modificacións de crédito, cabe a posibilidade dunha cuestión de confianza que o BNG non apoiaría anque sí puxeron a sua sinatura para unha moción de censura, algo que ve dificil de concretar porque considera que "o PP ten intereses en manterse na Deputación".

Dende o BNG manteñen o respaldo á folga dos traballadores municipais por entender que "loitan por unha causa xusta".