Foron detidas 19 persoas entre as que figura o ourensán, natural de Xinzo de Limia, Carlos García Morales, Alias "El Matador", que era obxectivo dende hai unha década das autoridades españolas e colombianas.
Dúas toneladas da droga foron interceptadas en augas internacionais do Caribe cando era transportada dende suramérica para a sua distribución, mentres que os 600 kilos restantes foron localizados nunha nave na localidade asturiana de Siero. Na mesma nave foi intervido o arsenal de armas que inclúe fusiles de asalto, granadas de man, explosivos, lanzacohetes, silenciadores, armas cortas e munición de diverso calibre, anque tamén foi localizado armamento nun domicilio galego.
O operativo, comezado en xaneiro, contou coa colaboración da DIRAN da policía colombiana, e da axencia norteamericana Homeland Security Investigations.