Concello de Ourense

Máis de 1.000 participantes déronse cita no desfile de comparsas e carrozas

Desde as 17:00 horas, máis de 1.000 participantes percorreron as dúas comezando nas Lagoas, e finalizando na rúa Progreso, onde rematou esta actividade ao son da orquestra Marbella

Óscar Gómez

Ourense | 28.02.2022 08:22

O Concello aproba as bases do concurso do desfile do Entroido
O Concello aproba as bases do concurso do desfile do Entroido | La voz de galicia

Esta tarde tivo lugar o desfile de Comparsas e Carrozas do Entroido de Ourense 2022. Desde as 17:00 horas, máis de 1.000 participantes percorreron as dúas comezando nas Lagoas, e finalizando na rúa Progreso, onde rematou esta actividade ao son da orquestra Marbella.

Luns de entroido

Hoxe terá lugar outro dos días grandes do entroido, e a programación contará con animación de rúa ás 12:00 horas, 18:00 horas, 20.:30 horas e 00:00 horas. Ademais, haberá festa infantil ás 17.30 h na Praza Maior, e a orquestra Los Satélites actuará na rúa do Progreso.

No resto de entroidos da cidade, hoxe celébrase o día grande no de Frei Canedo da Ponte, e a partir das 20:15 horas haberá un desfile polas rúas do barrio.

Enterro da Sardiña

Outra das citas máis populares da festa será un ano máis o tradicional Enterro da Sardiña, que terá lugar o mércores, 3 de marzo. A organización acordou un cambio no punto de remate, que será este ano o Parque de San Lázaro. A comitiva de carpideiras, cortexo fúnebre e charanga concentrarase e sairá da Praza Maior e avanzará por Lamas Carvajal e o Paseo até chegar ao Parque de San Lázaro, onde rematará e se queimará a Sardiña.

A continuación envíase listado dos premios:

Comparsa de menos de 10 compoñentes

Comparsa

DIS-FRUTA400,00 €

OCTONAUTAS DA RABEDA300,00 €

LÁMPARAS TIFFANY´S200,00 €

Comparsas de mais de 10 compoñentes

AIR LOLAILOS900,00 €

AS 4 ESTACIÓNS700,00 €

NOVIAS A LA FUGA500,00 €

Especiais comparsas

Mais numerosa

EL GRAN CIRCO DE JOSEFINAS300,00 €

Mais ocorrente

CERBERUS300,00 €

Mellor animación

AS 4 ESTACIÓNS300,00 €

Mellor deseño

AIR LOLAILOS400,00 €

Mellor animación

DESERTO300,00 €