Ourense Cidade

Máis de cen actores estarán na Noite do Medo de Ourense

O alcalde Pérez Jácome reuniuse co equipo organizador da celebración macedá, para avanzar nos preparativos dunha Noite do Medo “de ensoño” na cidade.

Óscar Gómez

Ourense | 26.09.2022 08:11

Máis de cen actores estarán na Noite do Medo de Ourense
Máis de cen actores estarán na Noite do Medo de Ourense | onda cero

Os máis de cen actores que protagonizan desde hai anos O Pobo Fantasma de Chaioso volverán estar por segundo ano consecutivo en Halloween na Noite do Medo de Ourense, o 31 do vindeiro mes de outubro. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta semana no Concello ao equipo que organiza a tradicional festa de Chaioso, para avanzar nos preparativos da súa participación na Noite do Medo de Ourense.

O goberno municipal aposta por consolidar o 31 de outubro nunha espectacular cita festiva na cidade, e asegura que “seguimos traballando nunha Noite do Medo de ensoño”.