Protestas Hostelería

Máis de douscentos autónomos colapsan a capital en apoio do sector hosteleiro

Unha caravana de máis de douscentos vehiculo percorreu as ruas da capital reclamando que se axilicen as axudas ao sector hosteleiro, un dos máis afectados económicamente pola pandemia

Onda Cero Ourense

Ourense | 12.11.2020 10:28

Protestas de hosteleros en Ourense
Protestas de hosteleros en Ourense | onda cero

Unha caravana de coches e camións colapsou esta mañá as ruas da capital ourensá en apoio do sector hosteleiro.A mobilización, que partiu da explanada do recinto feiral de Expourense, foi impulsada dende a Asociación de autónomos (AUPA) e secundada por varias asociación de hosteleiros da capital que reclaman “axilidade e concreción” nas axudas comprometidas pola administración.

Protestas de hosteleros en Ourense
Protestas de hosteleros en Ourense | onda cero

O colectivo rematou a protesta cun acto diante da subdelegación do goberno de Ourense na que deron lectura a un comunicado no que cuestionaron os criterios que levaron ao peche dos establecementos e convertilos nun dos sectores máis castigados pola pandemia. Os empresarios da hostelería ourensá agardan que o Concello de Ourense tome tamén medidas relativas á supresión de taxas ou impostos.