Automovilismo

Manuel Trevín gaña a 10ª edición do Slalom de Monterroso

A tempada de competicións de motor iniciouse este sábado 18 de marzo coa celebración da décima edición do Slalom de Monterroso, cita organizada por Mix Rallye Sports e que contou con máis de medio centenar de equipos participantes.

Óscar Gómez

Ourense | 20.03.2023 08:03

Manuel Trevín gaña a 10ª edición do Slalom de Monterroso
Manuel Trevín gaña a 10ª edición do Slalom de Monterroso | onda cero

A choiva foi a compañeira de viaxe intermitente dos centos de afeccionados que se desprazaron ata a localidade lucense para desfrutar dunha xornada de motor que marca o comezo dun ano con 47 citas deportivas.

Pouco despois das 11 da mañá comezou a proba coa saída á manga de adestramentos, na que o rápido trazado marcado pola organización xa mostrou algunhas diferenzas entre os equipos. Nesa manga inicial, o mellor clasificado foi Iván Picallo, cun tempo de 2:21.780.

Sen apenas tempo para o descanso, conscientes da necesidade de aproveitar as horas de sol do inverno, os organizadores lanzaron a segunda manga na que o tempo respecto e permitiu a todos os equipos mellorar os seus cronos. Nesa primeira pasada cronometrada, o mellor clasificado foi Manuel Trevín, que aos mandos do BMW Compact superou en 1,9 segundos a Iván Picallo e en 5,4 a Mario Saa. Completaron os cinco primeiros clasificados nesta primeira manga oficial, Fabio García e Sergio Fernández, nun Peugeot 306 GTI e un BMW 325i E36.

Na segunda e derradeira manga cronometrada, que comezou pasadas as 18:00 horas con moito público en todo o percorrido, o mellor crono foi novamente para Manuel Trevín, con un tempo de 2:10,550. Completaron os tres primeiros clasificados desta segunda pasada Fabio García e Mario Saa.

Desta forma o vencedor da décima edición do Slalom de Monterroso, primeira proba puntuable para o Campionato Galego da especialidad foi Manuel Trevín, cun tempo de 2:10,550 e aos mandos dun BMW, confirmando o seu dominio durante toda a xornada de sábado. Completaron o podio da competición lucense Fabio García e Iván Picallo (gracias o seu crono na primeira oficial), nun Peugeot 306 e un Citroën Saxo, respectivamente.

Na categoría de debutantes, o mellor foi Damián Peña, nun BMW, namentres que en iniciación o mellor logo das días mangas oficiais foi Miguel Ángel Cela, nun Renault Clio.

Clasificación final:

1. Manuel Trevín

2. Fabio García

3. Iván Picallo

4. Mario Saa

5. Sergio Fernández