Trevín, cun tempo de 2:03,248 que realizou na segunda manga oficial, consegui facerse co triunfo nesta proba (a segunda da tempada) por diante de Iván Picallo, que marcou o mellor crono inicialmente nesta manga definitiva, pero ao que unha penalización lle relegou ao segundo posto (2:03,350). Picallo si gañou o Trofeo Escudería Moeche.
O terceiro escalón do podio en Moeche foi para Daniel Lamas, que aos mandos do Citroën Saxo quedouse a algo máis de dous segundos do gañador da proba. Completaron os cinco primeiros clasificados Pablo Castro e Aarón Rodríguez, nun Citroën Ax e un Peugeot 106 Rallye, respectivamente.
Francisco López foi o primeiro clasificado dentro da modalidade de debutantes e iniciación, María José Chao na feminina e Antonio Amor na de históricos. A seguinte proba do Campionato Galego de Slalom levará aos equipos a competir en Sarria o próximo 12 de agosto.