Cultura

“Mar, mitos e montes” nas dependencias do primeiro andar do Pazo Provincial

Ata o mes de decembro, 45 obras da artista grega afincada en Ourense poderanse admirar nestas dependencias administrativas da Deputación.

Óscar Gómez

Ourense |

“Mar, mitos e montes” nas dependencias do primeiro andar do Pazo Provincial
“Mar, mitos e montes” nas dependencias do primeiro andar do Pazo Provincial | onda cero

O primeiro andar do Pazo Provincial acolle ata o mes de decembro a exposición “Mar, mitos e montes”, da artista grega e afincada na provincia de Ourense, Sula Repani. Trátase da segunda mostra destas características, logo de “Pinturas Diversas” de Leandro Sánchez, primeira exposición que inaugurou este novo uso do corredor do primeiro andar do edificio nobre da Deputación. Á apertura desta mostra “Mar, mitos e montes” asistiron o presidente provincial, Luis Menor; o director da área de Cultura, Marcos Vázquez Guzmán; o director do Centro Cultural Marcos Valcárcel, Francisco González Bouzán; e a propia artista, Sula Repani.

Esta mostra está composta por 45 obras de diferentes formatos que amosan paisaxes mariños da costa galega, rurais da provincia de Ourense e interpretacións da artista de determinados mitos gregos como o de Penélope ou o rapto de Europa, entre outros. “A memoria das miñas orixes, fonte da niña inspiración, fíxoseme máis forte en contacto con este novo mundo que é Galicia”, sinala Sula Repani ao explicar a súa obra, “a miña vida viviu a transición do Leste ao Oeste, da intensidade do azul do Mar Exeo e do ocre das illas gregas á abundancia do verde e a polimorfia na natureza galega. Da claridade e sinxeleza das formas gregas á complexidade do misterio atlántico. Da luz cegadora á luz tenue”.