A coordenadora da Marcha Mundial das Mulleres en Ourense chama á cidadanía a mobilizarse baixo o lema "o CIMM non se move" para evitar que o traslado do Centro Municipal de Información e Atención ás Mulleres do edificio do Couto á Praza de San Martiño sexa o fin do desmantelamento dos servizos de igualdade e benestar do Concello de Ourense. A voceira da Marcha, Antía Pousa aseguraba que "a demolición comezou co ex alcalde popular Jesús Vázquez e a liquidación está a rematala o actual rexedor ourensán, Gonzalo Pérez Jácome" ao que definíu coma o "Atila" dos Servizos Sociais.
Dende a Marcha Mundial das Mulleres están dacordo na protección da saude das traballadoras e traballadores municipais e piden que se invirta en eliminar o gas radóin do edificio do Cimm anque aseguran ter "a sospeita de que o alcalde vaino utilizar coma unha escusa para acabar eliminando servizos". O colectivo feminista pide ao rexedor "que se deixe de destinar os cartos a pan e circo" e que priorice nas necesidades da cidadanía e recupere a Concellería de Igualdade. Tamén lembran que o edificio do CIMM (ubicado no local da antiga Radio Ecca) reúne "as condicións idóneas para garantir a privacidade e confidencialidade" que precisa a atención as mulleres vítimas da violencia machista.
Dende a "Marcha" denuncian o peche do programa de reforzo de servizos sociais trala pandemia, a eliminación de programas de conciliación, o peche do comedor sobre rodas ou o risgo que supostamente corre a axuda no fogar.. Por iso, ademáis das mobilizacións anuncian que darán traslado tamén das suas queixas á valedora do pobo.