25 N

A marcha das mulleres apela a crear "protocolos internos" contra as violencias machistas

"A violencia machista ten moitas formas, combatámolas todas" será o lema deste ano da Marcha Mundial das Mulleres no 25 de Novembro

Jesús Álvarez

Ourense |

Integrantes da Marcha Mundial das Mulleres de Ourense
Integrantes da Marcha Mundial das Mulleres de Ourense | Onda Cero Ourense

A Marcha Mundial das Mulleres afrontará este ano os actos do 25 de Novembro, "día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres" baixo o lema “a violencia machista ten moitas formas, combatámolas todas”. O colectivo asegura que ademáis das condeas dos crimes machistas contra os que se veñen concentrando todo o ano, é momento de visibilizar outras "agresións" e "violencias cotiás" que se producen en espazos sociais, políticos, familiares e nos máis proximos ás mulleres.

Dende a Marcha en Ourense reclaman ademáis combater os "discursos negacionistas da violencia machista" e chamanás mulleres a "organizarse e mobilizarse para axudar a transformar a sociedade".

En Ourense o colectivo volverá a manifestarse o propio día 25 ás oito da tarde dende a subdelegación do goberno ate a praza maior pero ademáis organizará o día 29 un acto aberto co que pretenden instaurar un "protocolo interno" contra as violencias machistas.