MÁS DE UNO OURENSE

A Marcha das Mulleres pide a Educación que aparte cautelarmente a un profesor condeado por abusos a unha menor

A Marcha Mundial das Mulleres convida á cidadanía a mobilizarse o luns 2 de setembro diante do CEIP de prácticas de A Ponte

Jesús Álvarez

Ourense | 30.08.2024 13:15

Integrantes da Marcha Mundial das Mulleres (Ourense)
Integrantes da Marcha Mundial das Mulleres (Ourense) | Onda Cero Ourense

A Marcha Mundial das Mulleres en Ourense reclamou á Consellería de Educación que impida que o vindeiro luns regrese a actividade docente o profesor Martiño Ramos logo de ser condeado o pasado mes de Xullo pola Audiencia de Ourense a 13 anos de cadea e 21 de inhabilitación por "abusar sexualmente" dunha menor á que lle dera clase dende os 12 anos no colexio de Cea. Ramos contactara con ela a través das redes sociais agochando a sua identidade para brindarlle apoio e acabou pedindolle fotos espida e masturbándose según a sentencia que acaba de recurrir.

A voceira da Marcha das Mulleres en Ourense, Antía Pousa expresaba a "precupación existente" entre moitas nais e lamentaba a falta de apoio que tivo a menor por parte da comunidade educativa dende que se fixo a denuncia hai dous anos pedindo á cidadania ourensán que o luns ás dez da mañá se concentre diante do Ceip de prácticas de A Ponte para reclamar espazos educativos seguros.

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora