Atletismo

Os másters indoor celebrado en Ourense despidese cun cun récord mundial

Bo campionato en canto a calidade de marcas e número de participantes, o vivido este sábado en Expourense durante a disputa do Campionato Xunta de Galicia máster.

Onda Cero Ourense

Ourense |

Os másters indor celebrado en Ourense despidese cun cun récord mundial
Os másters indor celebrado en Ourense despidese cun cun récord mundial | Onda Cero

A noticia do mesmo, foi sen dúbidas a consecución do Récord Mundial M45 protagonizada polo marchador do Marineda Atlético Iván Morales del Castillo quen co seu rexistro de 11:57.05 sobre a proba dos 3.000 marcha, melloraba en preto de dazasete segundos o anterior récord que tiña, o tamén español, Miguel Angel Prieto.

Con este rexistro, Iván angade ao seu dilato palmarés, todas as máximas cotas que un atleta da categoría máster pode aspirar. Campionatos de España, Campionatos de Europa, Campionatos Mundiais, Récords de España, Récords de Europa.... e agora tamén por fin, este fantastico récord do mundo.

Lonxe de conformarse con elo, o seu próximo obxectivo importante será o Campionato do mundo de Florida no que intentará manter e revalidar os títulos logrados na pasada edición tanto dos 3.000 m. como nos 10.0000 m.

No resto de probas e actuacións, compre salientar no sector de velocidade os rexistros de Esperanza Caldas da Gimnástica quen lograba con 37.44 unha nova mellor marca autonómica na proba F35 dos 200 m.

Javier Llopis do At. Sada na M50 e por partida dobre, estabrecía un novo récord indoor nos 200 con 26.61 igulando o rexistro galego nos 60 m. con 7.64.

Excelente campionato tamén para Fernando Míguez sobre os 200 m. no que con 26.41 melloraba o tope autonómico na categoría M55.

Teresa Varela do Samertolameu sobre os 60 F75 con 11.84 e Amalia Luz San Martín do Egovarros de Viveiro nos 200 F75 con 39.40 foron outras das atletas destacadas no sector da velocidade

Nos concursos, o protagonismo foi compartido por Lucía Ferreiro do Atletismo Sada quen no triplo F45 chegaba aos 9.95 m. polos 13.87 m. de Fernando Paredes do Celta Atletismo sobre o círculo de peso na M50.

Pola súa banda, e xa no medio fondo, Juan Gude do Lucus con 4:15.52 na M50 e Juan José Vila do At. Sada con 4:46.78 na M60 así como Angeles Ripoll do At. Sada con 6:13.99 na F65, foron os máis destacados da proba dos 1.500 m.

Para rematar, as remudas en varias categorías tamén contaron con melloras autonómicas como as protagonizadas polos entidades da Sociedad Gimnástica, Atletismo Tambre e Atletismo Sada.