Concello de ourense

A maxia da reciclaxe toma as rúas de Ourense con iglús de Ecovidrio

Por primeira vez Ourense é elixida para participar na campaña “Que brille a maxia, recicla vidro en familia”, organizada por Ecovidrio en alianza con Disney para o fomento da reciclaxe

Óscar Gómez

Ourense | 19.05.2022 10:06

A maxia da reciclaxe toma as rúas de Ourense con iglús de Ecovidrio
A maxia da reciclaxe toma as rúas de Ourense con iglús de Ecovidrio | onda cero

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, asistiron esta mañá ao inicio da campaña “Que brille a maxia, recicla vidro en familia”, que organizan Ecovidrio e Disneyland Paris, para celebrar o Día Mundial da Reciclaxe e o 30 aniversario de Disneyland París, na que Ourense foi elixida por primeira vez para participar.

Por primeira vez Ourense é elixida para participar na campaña “Que brille a maxia, recicla vidro en familia”, organizada por Ecovidrio en alianza con Disney para o fomento da reciclaxe. O concelleiro Jorge Pumar destaca que a cidade de Ourense se atope entre as participantes dunha das mellores campañas de sensibilización ambiental de Europa.

Por primeira vez, os miniglús dos Personaxes Disney poderanse adquirir a través da páxina web www.miniglu.es. Todos os beneficios irán destinados aos proxectos da Fundación Aladina Pumar anima a todos a participar, e a demostrar que os ourensáns somos responsable co medio ambiente e somos xenerosos cos retos sociais da nosa sociedade.