A el acuden preto de catrocentos atletas galegos e galegas na procura de medallas e mínimas de cara á participar nas distintas competicións tanto estatais como internacionais que se sucederán ao longo deste 2025.
Emoción, igualdade e moito espectáculo
Dúas das cousas que van estar garantidas na competición galega invernal máis importante do ano, son a emoción e a igualdade que estarán presentes en practicamente todas e cada unha as probas e concursos que poderemos presenciar no recinto cuberto ourensá. Serán precisamente nas probas de velocidade que arrincarán cos 60 m., onde xa podamos ver a tres atletas este ano por debaixo dos sete segundos, a cabeza das cales sitúase Adrián Pérez do CAPEX con 6.95. Na categoría feminina aos 7.74 de Cristina Garrido da Gimnástica logrados este ano, intentará dar resposta entre outras Antía Pernas do Lucus ca segunda mellor marca das inscritas.
Outros dos pratos fortes serán os 200 m. que terán nos atletas do Celta Jorge Román e Ricardo Cortizo, tan só separados por tres centésimas, un dos pratos fortes do campionato. Andrea Pais do Celta pola súa banda e sobre a mesma distancia, parte a priori con opcións máis claras grazas aos seus 25.07 do presente ano.
Nos 400 m. máximo interese por ver as evolucións dun formidable Jacobo Soler que recentemente marcaba 47.39 no pasado Meeting Internacional de Ourense e que fan encher de esperanzas a xubilación do récord máis lonxevo do atletismo galego que ostenta Isidoro Hornillos con 46.24 desde o ano 1979. En mulleres reaparición, logo de distintos problemas físicos, de Paula Iglesias que arrinca con moita forza e na que o duelo ca campioa galega e internacional Alicia Barreiro do Ría Ferrol, estará máis que servido.
Outra non menos interesantísima proba é a dos 800 m. que contará ca presenza do internacional coruñés Elian Numa do Vicky Foods e que terá entre outros a un Fernando Vales do At. Santiago, a quen vimos ca selección galega no equipo de remudas no pasado fin de semana, o seu principal opoñente. Na categoría feminina Irma Veiguela do Ourense Atletismo defenderá a súa mellor marca do ano diante da campioa galega Celia Castro así como de Sabela Martínez da Gimnástica.
A tamén campioa galega 2024 indoor Amparo Corredoira da At. Lucense, estará sobre a saída dos 1.500 m. malia que a mellor por ranking este ano é Leyla Villar do Ourense Atletismo con 4:34.92. Pola súa banda David de la Fuente do Pinarium, fará valer o seu mellor rexistro sobre o grupo de participantes sobre os que destaca Hugo García do At. Portugalete
Na proba máis longa da programación, os 3.000 m., todo apunta a que tanto Sabela Castelo do Ourense Atletismo como Carlos Porto da Gimnástica, sucederán no palmarés de campións a Laura Santos e El Mehdi El Nabaoui e ausentes para este certame por distintos compromisos.
Duelo de internacionais nos valos con presenza do plusmarquista galego absoluto Hugo Vázquez e do venezolano e internacional en combinadas, Gerson Vidal Izaguirre sobre una modalidade na que o lucense Santi Rozas terá moito que decir. Na categoría feminina ante a ausencia de Uxía Pereira, será Aroa Martínez do Rías Baixas quen asuma a condición de favorita diante dunha Teresa Rodríguez do Riazor Coruña e que con 33 anos, quere estrear a súa recente maternidade con todo un podio autonómico.
Sobre o listón de altura Iria Solera de La Purísima e Adrian Pastoriza do At. Sada, acuden ca mellor marca dos participantes con 1.67 m. e 1.93 m. respectivamente sen perder de vista ao atleta internacional Adolfo Sáinz-Maza do Celta Atletismo nin a David García do At. Santiago.
A pértega estará copada polos especialistas en combinadas Aitor Fernández do Super Amara Bat, Gerson Vidal Izaguirre do Unicaja Jaén e Adolfo Sáinz-Maza do Celta, todo apuntando a que Manuela Blanco do Ourense Atletismo- grazas aos seus 3.60 m. deste ano- estará no máis alto do podio sendo as súas posibles acompañantes Bea Viteri do Samertolameu e Alaxandra Lence do Celta Atletismo.
Tanto a viguesa internacional Olaia Gisela Becerril como o campión galego Sergio Coello da Gimnástica no concurso de lonxitude, teñen todas as papaletas para sumar o título autonómico desta modalidade na que parten como favoritos. Sen abandoar o foso, o triplo contará ca actuación do plusmarquista galego absoluto Alfonso Palomanes da Gimnástica que terá enfronte ao sadense Diego Míguez como serio rival. Pola súa banda Uxía Paz parte como clara aspirante nun concurso de triplo no que tamén conta ca participación da subcampioa galega do 2024 Alba Martínez do Ourense Atletismo.
Por último en peso, e ante a ausencia por compromisos da olimpica Belén Toimil, o título podería estar entre entre a campioa galega Raquel Villa do Celta Atletismo -ás portas dos doce metros este ano- e a internacional Xiana Lago do Ría Ferrol. Pola súa banda nos homes, un excelente Fernando Vallines no comezo desta tempada, terá diante nada menos que ao campión galego absoluto Miguel Angel Granado de Celta como serio aspirate a reeditar o campionato.