Atletismo

Medallas e récords no nacional absoluto de pista cuberta

Tres medallas, un terceiro posto, seis postos de finalistas e dous récords galegos absolutos foi o balance da actuación galega no campionato de España disputado durante esta fin de semana na pista cuberta madrileña de Gallur.

Óscar Gómez

Ourense | 21.02.2023 08:44

Medallas e récords no nacional absoluto de pista cuberta
Medallas e récords no nacional absoluto de pista cuberta | onda cero

As medallas viñeron da man de Belén Toimil quen sobre o círculo de lanzamento de peso amosaría a súa superioridade nestes intres sobre o resto de lanzadoras. Malia estar algo alonxada das súas mellores actuacións da tempada, os 17.37 m. servíronlle para revalidar o seu título nacional logrado o ano pasado en Ourense.

Saleta Fernández foi outra das nosas medallistas. A monfortina lograba o subcampionato nacional cun mellor salto de 1.78 m., amosándose en todo momento moi competitiva e cedendo tan só o título por tres centímetros.

A terceira das medallas chegaría da man da campioa de España de Campo a Través, Joslyn Brea quen na súa clara aposta esta tempada polo atletismo (ela é bicampioa mundial de duathlón) comeza a colleitar excelentes resultados. A pontevedresa realizaba un rexistro de 9:12.25 que a fan mirar con moito optimismo a tempada de aire libre.

Outro dos rexistros salientables viría da man do venezolano afincado en Galicia Gerson Vidal Izaguirre que cumplindo os prognósticos, lograba un dos postos de honra no concurso de combinadas ao revalidar a terceira posición (sen dereito a medalla) da clasificación xeral. Na mesma modalidade excelente campionato do lucense Adolfo Sainz-Maza que ao igual que acontecera o ano pasado, lograba un posto de finalista ao sumar un total de 5.295 puntos que representan ademáis una MMP.

Novamente, e non cansamos de reclamar, a burocracia impediu que Mehdi El Nabaoui, unha das máis importantes apostas de presente do atletismo nacional, poidera estar nun podio nacional. O atleta estradense correría as series semifinais dos 3.000 m. cun rexistro de 8:12.90 cedendo só ante Adel Mechaal e logrando o que sería a súa clasificación para a final de maneira directa, malia que a súa condición de atleta ¨extranxeiro¨ impediríalle novamente estar competindo por igual co resto de atletas. Sobre esta mesma distancia o campión galego Carlos Porto da Gimnástica, lograba o seu pase a final na que remataba no décimo segundo lugar con 8:23.35

No tocante ao resto de actuacións, cabe salientar o excelente quinto posto logrado por Sergio Coello do Real Club Celta no foso de lonxitude logo de facer unha MMP de 7.35 m. e mellorar o seu sétimo posto do ano pasado. Sobre este mesmo concurso, o tamén saltador celeste Raúl Cortizo, chegaba ata os 7.24 m. que lle permiron estar nos postos de finalista de todo un campinato nacional.

A campioa galega dos 60 valos Claudia Rojo reaparecía nuns nacionais de pista cuberta facendo un extraordinario campionato ao mellorar a súa MMP tanto nas eliminatorias con 8.57 como nas semifinais con 8.48. Na final novamente faría unha moi boa carreira rematando oitava con 8.49 e achegándose ao mítico récord galego absoluto de María José Martínez de 8.42 do ano 1989

A proba dos 800 m. que contou na final ca presenza de Adrián Ben e de Elian Numa López, resultaría moi emocionante e dunha enorme calidade. Nunha final disputada a ritmo de ¨meeting¨ o triunfo moi axustado foi para Saúl Ordóñez quen se impuxo ao campión de Europa Mariano García. Adrián Ben que viña de lograr o bronce o ano pasado, remataba no cuarto lugar cun formidable rexistro de 1:46.12 que representa unha MMP e un novo récord galego absoluto o que da boa idea do nivel da proba. Xunto ao de Viveiro, o ceense Elian Numa entraba na línea de meta nun prometedor e ilusionante sexto posto pulverizando a súa MMP con 1:48.82 que o sitúan na élite nacional desta distancia.

Outro dos nomes do campionato foi Jacobo Soler quen sobre as semifinais dos 400 m. estabrecía un novo récord galego absoluto con proba dos 400 m. con 47.77 mellorando os 47.80 que desde o ano 2007 tiña Darío Vázquez. Haberá que estar moi pendentes da fantástica progresión deste atleta que pon en serio perigo o récord absoluto máis lonxevo que está en posesión desde o ano 1979 de Isidoro Hornillos con 46.24.