O BNG presentou a campaña de apoio ao comercio local que os nacionalistas iniciarán nos vindeiros días. Baixo o lema "mellor local, mellor galego", tentan incentivar á veciñanza a consumir produtos galegos e no comercio local para axudar á reactivación económica e social. Para o concelleiro Luis Seara "un ano máis, o BNG da inicio a unha nova campaña a prol do comercio local e de proximidade, facémolo desde a convicción de que este é un sector importantísimo para Ourense que está a atravesar por moitas dificultades".
Segundo Seara "a pandemia contribuiu a acelerar un proceso que xa se viña producindo de forma continuada desde a crise de 2008", ao que engadiu, "tamén cambiaron os noso hábitos de consumo, cun incremento exponencial das compras online". Para os nacionalistas a aposta polo comercio local debe ser estratéxica por varias razóns, enunciadas polo propio Luis Seara durante a súa comparecencia. "O comercio local evita a desertización das nosas rúas, o exemplo témolo na rúa do Vilar, porque xera emprego de calidade e porque xera riqueza nun concello coma o noso onde o sector servizos ter un peso específico moi grande".
O portavoz do BNG no concello aludiu directamente á veciñanza para pedirlle que "en calquera época do ano, aposten polo comercio local e por consumir produtos de proximidade, os que se dan en chamar produtos de quilómetro 0". Por último, Seara afirmou que apostar polo comercio local é moitísimo máis "que facer un concurso de escaparates ou de dar dúas subvencións. Desde o ámbito local cómpre apostar por un modelo autocentrado, adaptado a nosa realidade social e con produtos de calidade. Isto é xustamente o contrario do que está a facer o goberno coas prazas de abastos".
"Mellor local, mellor galego"
Para a deputada Noa Presas é fundamental que consumamos produto do país porque iso "xera riqueza e emprego na nosa contorna". Presas, seguindo o argumento de Seara, afirmou que, "o comercio local xera centos de postos de traballo e serve para dinamizar as nosas vilas e cidades, algo moi necesario". NOTA DE PRENSA
No BNG son conscientes de que "estamos nun momento delicado para o comercio local, a anterior crise financeira destruiu máis de 3.500 pequenos comercios no noso país", ao que engadiu, "esta pandemia está a provocar moitos peches e isto é algo que se ve no caso de Ourense na chamada "milla de ouro" como é a rúa do Paseo onde mesmo as grandes empresas pecharon as súas tendas. Se iso afecta ás grandes marcas, moito máis ao pequeno comercio".
A deputada do BNG por Ourense animou á veciñanza a facer as súas tendas de nadal nas tendas de proximidade e no pequeno comercio ao tempo que enunciou catro medidas que os nacionalistas reclaman ás administracións para incentivar e dinamizar ao sector.
1. Aprobación dunha nova lei de comercio de Galiza consensuada e pactada co sector para por punto e final á política de liberalización que fomentou o PP. "É hora de ter horarios racionais e periodos de rebaixas regulados".
2. Plataforma de venda online a nivel galego. "O fío da pandemia, nos últimos mesme vimos iniciativas locais e de sectores en particular moi meritorias e desde o BNG entendemos necesario un mecanismo moito máis ambicioso".
3. Liña de axudas específica para a dixitalización e modernización do pequeno comercio con cargo aos orzamentos da Xunta "para que os gastos extraordinario precisos para adaptarse ao futuro sexa os menos".
4. Nova moratoria para a apertura de grandes superficies comerciais en Galiza.
O BNG prensenta na Deputación de Ourense unha batería de medidas en defensa dos productores do sector primario.
O voceiro do Grupo Provincial do BNG de Ourense, Bernardo Varela, indicou que cando a produción de proximidade se está a manifestar como determinante, noutros moitos sectores, como o da automoción, onde a dependencia de elementos da cadea de produción producidos no exterior están provocando a paralización do sector. É mellor nin imaxinarse esta dinámica no sector alimentario.
O voceiro do grupo provincial identifica tres grandes problemas nos principais sectores productores primario o bovino de carne, o avícola, o porcino, o cunícola e o ovino e cabrún e o lacteo. Os prezos baixos que a industria está pagando a gandeiros e gandeiras, sen esquecer os contratos con cláusula mafiosas que se ven obrigados a asinar polas cales as os produtores deben asumir os prezos que lle cubra os custe de produción sen denuncia posible porque o prezo é “confidencial” por contrato; os incrementos dos prezos de produción e a práctica das cadeas de distribución de vender a perdas utilizando o leite e a carne de polo como produto de reclamo.
Ante está situación o BNG demandará ante o pleno provincial, deste venres 17 de decembro, que a conselleira de medio rural medie para garantir reforzar a posición negociadora de de todos os chanzos da cadea de produción e poidan negociar en pé de igualdade. E fortalecer a posición negociadora de agricultores e gandeiros.“Débese conformala cadea de valor agroalimentaria de abaixo cara arriba, evitar prácticas desleais na contratación agroalimentaria, aumentalos supostos nos que é obrigatorio consignar por escrito as relacións contractuais do sector para gañar seguridade xurídica e amplialo catálogo de prácticas desleais a evitar na contratación agroalimentaria.”
O voceiro do grupo provincial tamén demandará ante o pleno provincial en pro da competitividade e da eficiencia enerxética, instar á Xunta de Galiza e ao Goberno do Estado a establecer unha Tarifa Eléctrica Galega que permita abaratar custes nun País rico en electricidade. “Non ten sentido que o rural galego sume 4.500 aeroxeradores sen recibir ningún beneficio sobre a factura da luz, que cada vez é máis cara mentres o lobby eléctrico engorda beneficios.”
Na Galiza queremos moitas granxas producindo alimentos con persoas que poidan vivir dignamente do seu traballo, indica o voceiro do grupo provincial do BNG, con capacidade de poñer o noso rural en valor e ser a forza tractora da multifuncionalidade do noso campo, nun modelo sostible que se retroalimente convertindo os profesionais do agro en verdadeiros garantes do mantemento e coidado do noso entorno natural. Todo elo con retribucions xustas e servizos de calidade para os habitantes do rural.