O Concello de Ourense, a través da Concellería de Medio Ambiente, inicia os traballos de reposición do chan da zona de xogos do parque infantil de Santa Teresita, que sufriu un forte deterioro debido a actos vandálicos. A actuación enmarcase no conxunto de traballos deseñados no Plan de melloras de Parques infantís da cidade, que sumará actuacións en 70 parques da cidade.
A obra consiste na reposición completa do chan das zonas de xogos infantís do parque. Os traballos, que suman un importe global de 48.356,25€ euros, permitirán a instalación de mais de 600 metros cadrados de chan continuo absorbente de impactos de Playtop no espazo dos xogos infantís.
Para o concelleiro Jorge Pumar, esta instalación permitirá mellorar a seguridade dos rapaces no uso dos distintos xogos e ademais dará resposta a unha demanda moi solicitada da veciñanza do barrio de Santa Teresita. “Con esta acción damos resposta a unha demanda amplamente solicitada pola veciñanza do barrio, e continuamos a traballar para ir avanzando na mellora de máis zonas infantís por toda a cidade e o seu perímetro rural”.