José Antonio Quiroga, presidente do Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Juan Anta, alcalde da Veiga, asinaron o Protocolo que habilitará as obras de mellora nos accesos ás praias fluviais do Coiñedo e dos Franceses no encoro de Prada.
O obxectivo deste protocolo é establecer o marco para unha posible colaboración entre as partes concedentes, para o financiamento, posta a disposición dos terreos, execución e entrega das actuacións que se incluirían no a proxecto que elaborará a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
As obras consistirían basicamente na mellora do pavimento existente, así como como as que tenden a conseguir a separación efectiva da circulación peonil e ciclista de vehículos a motor, tamén se procederá á ampliación do superficie de aparcamento. O investimento estimado ascende a 243.000 euros, incluído o custo da redacción do proxecto, a execución do contrato de obras, así como a dirección facultativa do mesmo.