Mujer

“8M, mes a mes” iniciativa da Deputación de Ourense para visibilizar a labor das mulleres

A iniciativa comezará o 8 de abril, dedicando este mes ás mulleres transportistas. O primeiro lema é “Rodando ante as adversidades. Cintia Piña Caride, natural de Parada de Amoeiro, é camioneira e a primeira protagonista deste plan.

Óscar Gómez

Ourense |

“8M, mes a mes” iniciativa da Deputación de Ourense para visibilizar a labor das mulleres
“8M, mes a mes” iniciativa da Deputación de Ourense para visibilizar a labor das mulleres | onda cero

A Deputación de Ourense, a través da área de Igualdade, pon en marcha en abril a iniciativa “8M, mes a mes”, dedicada a dar visibilidade ás mulleres que desempeñan profesións altamente masculinizadas ao longo da historia.

A finalidade non é outra que visibilizar a igualdade entre mulleres e homes durante todo o ano, “tomando como exemplo as vidas profesionais das mulleres en todos os ámbitos laborais”, explica a deputada de Igualdade, Teresa Barge.

“8M, mes a mes”, comeza en abril dedicando este mes ás mulleres camioneiras e transportistas. Baixo o seu primeiro lema, “Rodando ante as adversidades”, personalízase en Cintia Piña Caride, natural de Parada de Amoeiro, que é camioneira e a primeira protagonista desta iniciativa provincial: “Estou moi agradecida aos compañeiros e compañeiras por non facer diferencia á hora de traballar como iguais e tamén agradezo á Deputación a súa iniciativa por visibilizar o labor que estamos a facer moitas mulleres nas nosas respectivas profesións”.