SINISTRO VIAL

Morre un motorista de 67 anos en Boborás

Un motorista, oriundo de Ponferrada faleceu na nacional 541 tras bater cun turismo sen que os equipos de emerxencias puideran salvarlle a vida.

Jesús Álvarez

Ourense |

Acidente motorista en Ourense
Acidente motorista en Ourense | Tráfico

Un motorista de 67 anos, natural de Ponferrada, perdeu a vida na tarde de onte nun sinistro viario na estrada Nacional 541 en Beariz (Ourense) tras bater frontolateralmente cun turismo. Ate o lugar desplazouse un helicóptero medicalizado pero non se puido facer nada por salvarlle a vida ao conductor. Trátase dunha estrada con varios puntos considerados "negros" e para os que se están a demandar solucións. Na última semana faleceron en Ourense un peón que foi golpeado por un camión na zona do Polígono de Barreiros e un home que traballaba co seu tractor en Pontedeva.

Doutra banda a garda civil do Barco de Valdeorras denunciou a un camioneiro que deu positivo en drogas e que acumulaba oito infraccións por exceso de tempos ao voante, unha delas grave e outra moi grave. No momento en que foi interceptado circulaba pola estrada nacional 120 facendo un transporte lácteo e procedía da localidade lucense de Sarria. O camión quedou inmovilizado polos axentes que lembran "a incompatibilidade de condudir baixo os efectos das drogas ou alcol porque alteran a capacidade sensorial, reflexos e atención á conducción".