MÁS DE UNO OURENSE-ENTREVISTAS

O nacionalista Luís Seara pide que non se alarme cunha imaxe de cidade "insegura"

O edil do BNG Luis Seara afirma que "vender que Ourense é insegura (como di o PP) non da unha boa imaxe da cidade"

Jesús Álvarez | Paco Sarria

Ourense | 28.08.2024 11:33

O voceiro municipal do BNG no Concello de Ourense, Luis Seara tomou partido no cruce de reproches entre o PP (que di que Ourense é unha cidade insegura) e o PSOE que acusa os populares de "alarmismo" negando que esta sexa unha cidade de altos índices de delincuencia. En Más de Uno o edil nacionalista declarou que "non da unha boa imaxe da cidade decir que Ourense é insegura".

O concelleiro do Bloque tamén abordou en Onda Cero outros asuntos como a "infradotación" do Parque Municipal de Bombeiros, e tamén manifestou que cree que o goberno local de Pérez Jácome non será quen de presentar uns novos orzamentos para o ano próximo.

Seara tamén criticou a solución técnica adoptada pola Xunta de Galicia para executar a senda peonil na Avenida das Caldas no barrio de A Ponte.

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora